jueves, 28 de abril de 2016

CEIP Anexa

Recibimos a visita dos alumnos do CEIP Anexa, nela puideron ver unha cociña con lareira con todos os utensilios, os aparellos para o traballo no campo, o taller dunha modista e dun carpinteiro. Obxectos curiosos coma un ferro de pasar feito na Alemaña nazi, coma se pode observar na esvástica que ten na súa parte superior ou mesmo unha radio Marconi fabricada en España pero con patente inglesa no ano 1948, tamén atopamos vetillos, un xugo, ferrados, peneiras e un sin fin de obxectos utilizados na nosa historia máis recente.

ESTADES TODOS CONVIDADOS A VIR!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario